Vistas de página en total

martes, 5 de mayo de 2015

Traballo persoal: VIDEOCLIP


 
     Cada alumno de 4º de eso faredes  unha soa entrada neste blog sobre un videoclip musical libremente elixido por vós.

     Voso traballo consistirá en:

  1.  Elixe un videoclip de youtube de calquera intérprete que che guste.
  2. Copia e pega a direción da páxina para poder visualizalo ó pinchar nela.
  3. Indica: título, autor e intérprete.
  4. Clasifica razoadamente a tipoloxía do videoclip en función dos seguintes parámetros:    http://kandykills.jimdo.com/tipos-de-videoclips/ 
  5.  Engade o texto da canción elixida no Videoclip (se o ten). Indica tamén a súa temática.
  6.  Aporta información do intérprete ou dos intérpretes, traballos publicados, tipo de música,… (5 liñas aproximadamente). Aquí podes engadir algunha imaxe do grupo, enlaces,...
  7.  Opinón persoal sobre o videoclip, e razóns que te levaron a elixilo. 
  8. Terás que presentalo na aula diante dos teus compañeiros (A orde establecerase por sorteo público o día 15 de maio). 
  9. Se a houbera, analiza a súa coreografía. (Con carácter voluntario podes plantexarte aprender unha coreografía con esa música e ensinala ós teus compañeiros de curso durante unha sesión didáctica como máximo (unha hora lectiva de 50 minutos).
         
O prazo de entrega será ata o 15 de maio de 2015 na hora da clase.


Este traballo será avaliado da seguinte maneira pola profesora:


Traballo VIDEOCLIP
PUNTUACIÓN:
Alumno:
Prazo entrega correcto
1 punto

Eleción axeitada do Videoclip e visualización correcta do link

1 punto

Autor, título correctos
1 punto

Clasificación correcta e razoada da tipoloxía.
2 puntos

Texto/Temática
1 punto

Información do(s) intérprete(s)
2 puntos

Opinión persoal
1 punto

Presentación na aula
1 punto

TOTAIS
10 puntos



Con respecto á parte coreográfica suporá unha nova nota de clase como un traballo aparte:

COREOGRAFÍA
PUNTUACIÓN
Alumno:
Análise da coreografía do videoclip correcta
10 puntos

Proposta de montar danza cos compañeiros
5 puntos

Resultados acadados coa didáctica empregada
5 puntos

TOTAIS
20 puntos